4 de febrero de 2011

RESOLUCIÓN DO XURADO

RESOLUCIÓN DO XURADO.

A asociación de estudantes Comités, en colaboración coa ETS de Arquitectura da Coruña (ETSAC) e Foto Artús, organiza o concurso de fotografía co título Espazos Habitados, +quemonos, o xurado reunido en sesión secreta, e composto por:

-Vari Caramés, fotógrafo.
-Fran Nieto, fotógrafo.
-Héctor Santos-Díez, fotógrafo.
-Pablo Mella, arquitecto e fotógrafo.
-José Antonio Franco Taboada, profesor da ETSAC experto no ámbito fotográfico.
-Valerio González Somoza, membro da agrupación organizadora.

Resolve que, tras unha votación secreta e por orde de puntuación,

Con 48 puntos, o primeiro premio do concurso Espazos Habitados otórgase á fotografía co lema:
"Vida interior", autora María Mandianes Polo.

Os segundos premios do concurso Espazos Habitados otórgase ás fotografías:
Con 41 puntos, Casa minimal, autora Cristina Aparicio Fernández;
Con 35 puntos, O Campanario, autor Juan Valiente Sánchez.

O Xurado do concurso decidiu conceder mencións honoríficas ás seguintes fotografías:
Terra, a vista!!!, autor Alberto Fortes Novoa;
Ocupación espacial abstracta, autor Javier Reboreda Fernández;
Cena, autor Darío Marcos Guinea;
Homeless, autor Daniel Carvajal Alonso.

O total de fotografías avaliadas polo xurado ascendeu a 42.
A Coruña, 31 de xaneiro de 2011.

Os membros do xurado.
O Comité Organizador.


Recordamos segundo as bases:
PREMIOS.
· PRIMEIRO PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA. 
· DOUS SEGUNDOS PREMIOS Á MELLOR FOTOGRAFÍA.
O premio á mellor fotografía está dotado cun diploma acreditativo, un vale por 500€ en produtos fotográficos en Foto Artús e máis un trípode e unha mochila obsequio de Foto Artús. A dotación dos segundos premios consiste en cadanseus diplomas acreditativos e vales de 300€ en produtos fotográficos en Foto Artús. 
A entrega de premios terá lugar o venres 11 de febreiro na ETS de Arquitectura da Coruña.
O mesmo día entregaranse os diplomas correspondentes ás mención honorificas.
(o lugar e hora publicarase no blog proximamente)


NORABOA AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.