15 de febrero de 2011

FLICKR

Xa podedes ver a galería de Flickr de Fotocomités.
Todos os participantes que enviaron correctamente a súa fotografía pódena ver aquí:

FOTOS GAÑADORAS  >>> Álbum Gañadoras



MENCIÓNS DE HONOR  >>> Álbum Mencións de Honor



PARTICIPANTES >>> Álbum Participantes



Atopamos algúns erros nos cd's presentados ao concurso. Se non atopas a túa foto presentada no flickr, por favor, envía por correo electrónico a concurso.fotografia.comites@gmail.com a  túa foto para que poida ser incluída. As fotos que non sexan correctamente enviadas/recibidas non serán incluidas en Flickr ou nunha futura publicación do concurso.

14 de febrero de 2011

Inauguración da Exposición

A exposición "Espazos Habitados", será inaugurada mañá martes 15 de Febreiro ás 13:00, onde serán expostas todas as fotografías participantes do concurso. A esa mesma hora procederase á entrega de diplomas aos gañadores e mencións de honor. 


As fotografías poderán verse na planta -1 da ETSAC, destacándose as gañadoras:


- "VIDA INTERIOR"  de María Mandianes _ 1º Premio
- "CASA MINIMAL"  de Cristina Aparicio  _ 2º Premio
- "O CAMPANARIO"  de Juán Valiente      _ 2º Premio


9 de febrero de 2011

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

Por motivos alleos á organización, e pola chegada imprevista á ETSAC da exposición de ARQUIA, a exposición das fotografías do concurso ESPAZOS HABITADOS, terá lugar na planta -1 da ETSAC, e será inaugurada o vindeiro martes, día 15 de febreiro de 2011.

Os diplomas acreditativos dos premios e mencións de honor, serán entregados ali, pola organización, coa asistencia de membros do xurado. Aqueles participantes que non poidan asistir, poderanse dirixir ao local de estudantes no horario de apertura (exposto na porta do local) a recoller os devanditos diplomas.

A hora da inauguración será publicada neste blog proximamente. 

4 de febrero de 2011

RESOLUCIÓN DO XURADO

RESOLUCIÓN DO XURADO.

A asociación de estudantes Comités, en colaboración coa ETS de Arquitectura da Coruña (ETSAC) e Foto Artús, organiza o concurso de fotografía co título Espazos Habitados, +quemonos, o xurado reunido en sesión secreta, e composto por:

-Vari Caramés, fotógrafo.
-Fran Nieto, fotógrafo.
-Héctor Santos-Díez, fotógrafo.
-Pablo Mella, arquitecto e fotógrafo.
-José Antonio Franco Taboada, profesor da ETSAC experto no ámbito fotográfico.
-Valerio González Somoza, membro da agrupación organizadora.

Resolve que, tras unha votación secreta e por orde de puntuación,

Con 48 puntos, o primeiro premio do concurso Espazos Habitados otórgase á fotografía co lema:
"Vida interior", autora María Mandianes Polo.

Os segundos premios do concurso Espazos Habitados otórgase ás fotografías:
Con 41 puntos, Casa minimal, autora Cristina Aparicio Fernández;
Con 35 puntos, O Campanario, autor Juan Valiente Sánchez.

O Xurado do concurso decidiu conceder mencións honoríficas ás seguintes fotografías:
Terra, a vista!!!, autor Alberto Fortes Novoa;
Ocupación espacial abstracta, autor Javier Reboreda Fernández;
Cena, autor Darío Marcos Guinea;
Homeless, autor Daniel Carvajal Alonso.

O total de fotografías avaliadas polo xurado ascendeu a 42.
A Coruña, 31 de xaneiro de 2011.

Os membros do xurado.
O Comité Organizador.


Recordamos segundo as bases:
PREMIOS.
· PRIMEIRO PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA. 
· DOUS SEGUNDOS PREMIOS Á MELLOR FOTOGRAFÍA.
O premio á mellor fotografía está dotado cun diploma acreditativo, un vale por 500€ en produtos fotográficos en Foto Artús e máis un trípode e unha mochila obsequio de Foto Artús. A dotación dos segundos premios consiste en cadanseus diplomas acreditativos e vales de 300€ en produtos fotográficos en Foto Artús. 
A entrega de premios terá lugar o venres 11 de febreiro na ETS de Arquitectura da Coruña.
O mesmo día entregaranse os diplomas correspondentes ás mención honorificas.
(o lugar e hora publicarase no blog proximamente)


NORABOA AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.