9 de diciembre de 2010

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Os Comités convidamosvos a participar no concurso de fotografía ESPAZOS HABITADOS, un concurso dirixido aos estudantes da UDC, co seguinte tema:

A fotografía de arquitectura, acostuma a amosar os espazos e edificios como elementos prístinos, alleos e solitarios, como obxectos que somentes se relacionan con eles mesmos e a súa contorna construída.

A realidade, por sorte, súrtenos de imaxes moi diferentes. A xente coloniza eses lugares, fai uso e desuso dos mesmos, desenvolven neles a súa vida e as súas relacións. As arquitecturas son o soporte físico da actividade humana e así deberían ser retratadas.

Polo tanto, para este concurso, demándanse fotografías que testemuñen o vencellamento entre os obxectos construídos e os seus ocupantes, poñendo de manifesto esta relación intrínseca que convirte ás arquitecturas en algo máis que un exercicio de forma e linguaxe.

(proximamente no blog, descarga das bases)