15 de febrero de 2011

FLICKR

Xa podedes ver a galería de Flickr de Fotocomités.
Todos os participantes que enviaron correctamente a súa fotografía pódena ver aquí:

FOTOS GAÑADORAS  >>> Álbum Gañadoras



MENCIÓNS DE HONOR  >>> Álbum Mencións de Honor



PARTICIPANTES >>> Álbum Participantes



Atopamos algúns erros nos cd's presentados ao concurso. Se non atopas a túa foto presentada no flickr, por favor, envía por correo electrónico a concurso.fotografia.comites@gmail.com a  túa foto para que poida ser incluída. As fotos que non sexan correctamente enviadas/recibidas non serán incluidas en Flickr ou nunha futura publicación do concurso.

14 de febrero de 2011

Inauguración da Exposición

A exposición "Espazos Habitados", será inaugurada mañá martes 15 de Febreiro ás 13:00, onde serán expostas todas as fotografías participantes do concurso. A esa mesma hora procederase á entrega de diplomas aos gañadores e mencións de honor. 


As fotografías poderán verse na planta -1 da ETSAC, destacándose as gañadoras:


- "VIDA INTERIOR"  de María Mandianes _ 1º Premio
- "CASA MINIMAL"  de Cristina Aparicio  _ 2º Premio
- "O CAMPANARIO"  de Juán Valiente      _ 2º Premio


9 de febrero de 2011

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

Por motivos alleos á organización, e pola chegada imprevista á ETSAC da exposición de ARQUIA, a exposición das fotografías do concurso ESPAZOS HABITADOS, terá lugar na planta -1 da ETSAC, e será inaugurada o vindeiro martes, día 15 de febreiro de 2011.

Os diplomas acreditativos dos premios e mencións de honor, serán entregados ali, pola organización, coa asistencia de membros do xurado. Aqueles participantes que non poidan asistir, poderanse dirixir ao local de estudantes no horario de apertura (exposto na porta do local) a recoller os devanditos diplomas.

A hora da inauguración será publicada neste blog proximamente. 

4 de febrero de 2011

RESOLUCIÓN DO XURADO

RESOLUCIÓN DO XURADO.

A asociación de estudantes Comités, en colaboración coa ETS de Arquitectura da Coruña (ETSAC) e Foto Artús, organiza o concurso de fotografía co título Espazos Habitados, +quemonos, o xurado reunido en sesión secreta, e composto por:

-Vari Caramés, fotógrafo.
-Fran Nieto, fotógrafo.
-Héctor Santos-Díez, fotógrafo.
-Pablo Mella, arquitecto e fotógrafo.
-José Antonio Franco Taboada, profesor da ETSAC experto no ámbito fotográfico.
-Valerio González Somoza, membro da agrupación organizadora.

Resolve que, tras unha votación secreta e por orde de puntuación,

Con 48 puntos, o primeiro premio do concurso Espazos Habitados otórgase á fotografía co lema:
"Vida interior", autora María Mandianes Polo.

Os segundos premios do concurso Espazos Habitados otórgase ás fotografías:
Con 41 puntos, Casa minimal, autora Cristina Aparicio Fernández;
Con 35 puntos, O Campanario, autor Juan Valiente Sánchez.

O Xurado do concurso decidiu conceder mencións honoríficas ás seguintes fotografías:
Terra, a vista!!!, autor Alberto Fortes Novoa;
Ocupación espacial abstracta, autor Javier Reboreda Fernández;
Cena, autor Darío Marcos Guinea;
Homeless, autor Daniel Carvajal Alonso.

O total de fotografías avaliadas polo xurado ascendeu a 42.
A Coruña, 31 de xaneiro de 2011.

Os membros do xurado.
O Comité Organizador.


Recordamos segundo as bases:
PREMIOS.
· PRIMEIRO PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA. 
· DOUS SEGUNDOS PREMIOS Á MELLOR FOTOGRAFÍA.
O premio á mellor fotografía está dotado cun diploma acreditativo, un vale por 500€ en produtos fotográficos en Foto Artús e máis un trípode e unha mochila obsequio de Foto Artús. A dotación dos segundos premios consiste en cadanseus diplomas acreditativos e vales de 300€ en produtos fotográficos en Foto Artús. 
A entrega de premios terá lugar o venres 11 de febreiro na ETS de Arquitectura da Coruña.
O mesmo día entregaranse os diplomas correspondentes ás mención honorificas.
(o lugar e hora publicarase no blog proximamente)


NORABOA AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.

31 de enero de 2011

Listaxe definitiva de admitidos

O pasado mércores 26 de xaneiro rematou o prazo de correción de erros das fotografías presentadas para o concurso ESPAZOS HABITADOS.

Listaxe DEFINITIVA de admitidos_

NOME                                   APELIDOS
AITOR ALMARAZ SÁNCHEZ
FERNANDO ALONSO TUERO
CRISTINA APARICIO FERNÁNDEZ
GERMÁN BARJA SEIJAS
LUIS BENITO NÚÑEZ
SARA CAAMAÑO CAMBEIRO
DANIEL CARVAJAL ALONSO
BORJA COMENDEIRO LÓPEZ
VIRGINIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
ANDREA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
ANA ISABEL FERRERO MATO
MÓNICA FOLGUEIRA COBAS
ALBERTO FORTES NÓVOA
BERNARDO GARCÍA MARTOS
SHEILA GARCÍA PRADO
JAIME GARCÍA VEGA
SANDRA LAPLAZA MENÉ
RAQUEL MAIGLER OJEA
MARÍA MANDIANES POLO
DARÍO MARCOS GUINEA
ABEL MARES GONZALEZ
DAVID MARTÍNEZ REYES
MARCOS MARTÍNEZ ROMERO
JOSÉ NO VARELA
EDGAR L. ORTIZ CUNDÍNS
JAVIER OTERO REY
DIEGO PAEZ MACÍAS
LAURA PALACIO PEÓN
TANIA PEREIRA ÁLVAREZ
JACOBO PÉREZ CASTIÑEIRAS
JACOBO PÉREZ RIVADAVIA
FRANCISCO JOSÉ PINOS FERNÁNDEZ
JAVIER REBOREDA FERNÁNDEZ
DIEGO RÍO FERNÁNDEZ
MIRIAN RODRIGUEZ CALVO
SENÉN RODRÍGUEZ CARRERA
PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
ROCIO ROMERO OTERO
LUIS MANUEL SANTALLA BLANCO
MARTÍN SASTRE OTERO
ZIRO TACHIBANA PUERTAS
JUAN VALIENTE SANCHEZ


A Resolución do xurado farase pública, segundo as bases, o 4 de febreiro.

24 de enero de 2011

Listaxe provisoria de admitidos e excluidos

O pasado venres 24 de xaneiro rematou o prazo de entrega de fotografías para o concurso ESPAZOS HABITADOS.

Das fotos entregadas unha parte delas non cumpre os requisitos das bases, polo tanto, para permitir a participación de tódolos estudantes, abrimos un prazo de corrección de erros.

A organización estase a por en contacto cos afectados para permitirlles a reentrega en forma.

Neste prazo non se permite a recollida de ningunha foto que non fora presentada no prazo especificado de entrega, admitindose únicamente aquelas que entregadas no prazo correcto, incumpran en forma algun aspecto das bases. A corrección de erros non implicará en ningun momento o cambio ou modificación da fotografía xa presentada, si non a sua adaptación ao cumprimento das bases.


Listaxe PROVISORIA de admitidos_

NOME                       APELIDOS
AITOR ALMARAZ SÁNCHEZ
CRISTINA APARICIO FERNÁNDEZ
GERMÁN BARJA SEIJAS
LUIS BENITO NÚÑEZ
SARA CAAMAÑO CAMBEIRO
DANIEL CARVAJAL ALONSO
BORJA COMENDEIRO LÓPEZ
ANDREA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
ANA ISABEL FERRERO MATO
MÓNICA FOLGUEIRA COBAS
ALBERTO FORTES NÓVOA
BERNARDO GARCÍA MARTOS
SHEILA GARCÍA PRADO
RAQUEL MAIGLER OJEA
MARÍA MANDIANES POLO
ABEL MARES GONZALEZ
DAVID MARTÍNEZ REYES
MARCOS MARTÍNEZ ROMERO
JOSÉ NO VARELA
EDGAR L. ORTIZ CUNDÍNS
JAVIER OTERO REY
DIEGO PAEZ MACÍAS
LAURA PALACIO PEÓN
TANIA PEREIRA ÁLVAREZ
JACOBO PÉREZ CASTIÑEIRAS
JACOBO PÉREZ RIVADAVIA
JAVIER REBOREDA FERNÁNDEZ
DIEGO RÍO FERNÁNDEZ
SENÉN RODRÍGUEZ CARRERA
PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
ROCIO ROMERO OTERO
LUIS MANUEL SANTALLA BLANCO
ZIRO TACHIBANA PUERTAS
JUAN VALIENTE SANCHEZ


Listaxe PROVISORIA de excluidos_

NOME                   APELIDOS                     MOTIVO DE EXCLUSIÓN
FERNANDO ALONSO TUERO FORMATO FOTO
VIRGINIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ FORMATO FOTO
YASMINA FERNÁNDEZ PÉREZ FORMATO FOTO
JAIME GARCÍA VEGA FORMATO FOTO
SAÚL GÓMEZ RUBIO FORMATO FOTO
SANDRA LAPLAZA MENÉFOTO CON NOME
DARÍO MARCOS GUINEA FORMATO FOTO
MIGUEL PICADO FILGUEIRAFORMATO FOTO
FRANCISCO JOSÉ PINOS FERNÁNDEZFORMATO FOTO
MIRIAN RODRIGUEZ CALVOFORMATO FOTO
MARTÍN SASTRE OTEROFORMATO SOPORTE
VANESA VILLAVERDE DOMINGOFORMATO FOTO



Os afectados pódense dirixir ao local de estudantes os días:
-martes, 25 de xaneiro de 12 a 14h e 15 a 17h
-mércores, 26 de xaneiro de 15 a 17h.

Aqueles participantes excluidos que non corrixan os erros antes do remate do prazo, quedarán automáticamente desbotados por incumprimento das bases.


Recordamos que segundo as bases:

'As fotografías terán un tamaño de 20x30cm sobre un soporte ríxido, que será un A3 de cartón-pluma, no que se montará a imaxe revelada en papel.'
'As fotografías levarán o seu título ou lema no dorso do cartón-pluma e no cd (...) O conxunto de sobre, fotografía en cartón pluma e cd, entregaranse nun sobre pechado e sen ningún tipo de identificación.'


É dicir, as fotos imprimiranse nun papel de 20x30, sexa cal sexa o tamaño da imaxe do interior, e esta fotografía pegarase nun cartón pluma tamaño A3.

20 de enero de 2011

RECOLLIDA VENRES

Recordarvos que mañá é o último día para entregar a vosa foto no local de estudantes da ETSAC.
O horario de apertura será de 12h a 19h.

Recordade a forma de presentación da foto (normas nas bases).